En 2006 Microsoft estreou a aplicación Windows Live Writer, que viña a ser unha especie de editor de texto que facilitaba a edición visual de entradas de blogs (compatible con plataformas como Blogger ou WordPress), funcionalidade que co tempo rematou sendo integrada no Microsoft Word (onde é moi pouco coñecida), e dado que a ferramenta resultaba moi práctica para milleiros de usuarios de todo o mundo, un grupo independente de voluntarios en Microsoft decidiu recuperar esta aplicación abandonada na súa versión de 2012 e lanzar un fork, o Open Live Writer (OLW), que pode descargarse de balde e desenvolveuse baixo código aberto (con licenza MIT) sen tomar como referencia código real do programa orixinal.
Esta nova aplicación permite editar e publicar entradas no noso blog con facilidade, e aínda que o seu número de versión (0.5) deixa claro que estamos ante unha ferramenta que aínda ten moito que mellorar, pero que resulta esperanzador, principalmente polo feito de que vai ser un software que gozará de mantemento no futuro, ou sexa, que adaptarse a cambios no futuro como, por exemplo, os que vai experimentar en breve Blogger, que empregará un novo sistema de autentificación, de xeito que este servizo deixará de funcionar con Windows Live Writer 2012, pero si estará dispoñible con Open Live Writer.
Windows Live Writer rexorde como aplicación de código aberto
Compartir Este Artigo

