Worten venderá a súa tenda de Vigo
xoves, 14 de xaneiro do 2021
A cadea de tendas de electrónica de consumo Worten non
parece ter moi boa fortuna en España. Lembremos como tivo que pechar as súas
tendas de A Coruña e Santiago de Compostela, quedando só con presenza en Vigo,
cidade na que venderá
o seu establecemento a MediaMarkt (xunto con outras 16 tendas), á vez que
tamén pechará 14 tendas no territorio español, quedando unicamente con
establecementos en Madrid e Illas Canarias.
A operación de compra das tendas por parte de MediaMarkt inclúe a transferencia
de boa parte dos empregos, pretendendo esta profunda reestruturación a redución
das perdas da compañÃa que chegou a ter até 60 tendas repartidas por toda
España, e que agora deberá centrarse nas poucas tendas que manterá abertas e,
moi especialmente, nas vendas a través da Internet.