XGN Intermax madura na súa 24ª edición
luns, 4 de novembro do 2024
XGN Intermax rematou a súa 24ª edición nos dous pavillóns principais do recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA tras xuntar a máis de 800 profesionais e afeccionados á informática, as TIC e o lecer electrónico que quixeron vivir a experiencia que ofrece esta LAN party.
Durante os tres dÃas que durou o encontro os rexistrados puideron gozar de medio cento de actividades en áreas tan diversas como a arte dixital, a programación, a impresión 3D ou os videoxogos. Dentro destas propostas incluÃanse máis dunha vintena de competicións centradas en arte dixital, videoxogos, modding, setups e programación de robots para que competiran nun sinxelo xogo.
Desde a organización valórase moi positivamente os resultados desta edición, asà como a proxección deste evento. Tamén salientan que o perfil dos participantes foi evolucionado nos últimos anos, convertendo esta LAN party nunha cita valorada non só como punto de encontro lúdico, senón como espazo para o intercambio de coñecementos desde o punto de vista profesional e a formación en diversos ámbitos das TIC. Respecto á idade media, subiu até os 31 anos, dous máis que o ano pasado. AÃnda que a meirande parte dos participantes foron galegos, rexistráronse asistente de 20 provincias españolas.