Xa é posible adquirir móbiles con Android One dende España

venres, 28 de novembro do 2014 Marcus Fernández

En setembro o proxecto de Google que buscaba achegar unha boa experiencia co sistema operativo Android a mercados emerxentes veu a luz, comezando pola India cuns poucos terminais económicos dos fabricantes Micromax, Karbonn, Spice e MediaTek, sendo o primeiro en chegar ao mercado o Karbonn Sparkle V, xunto co Spice One Dream UNO, e aínda que se agardaba que non chegasen a venderse no nos territorio, parece que a cousa está a mudar, e o Karbonn Sparkle V pode adquirirse no Reino Unido.
Concretando, Amazon.co.uk está a ofrecer o Karbonn Sparkle V a un prezo de 129,99 libras esterlinas (163,33 euros ou uns 180 euros se engadimos os portes a España), o que esta extraordinariamente lonxe das 5.935 rupias (76,58 euros) aos que pode atoparse na India, o que claramente parece un prezo excesivo para un dispositivos con pantalla de 4,5 polgadas (cunha resolución de só 854 x 480 píxeles), procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), cámaras de 5 e 2 Mpíxeles e batería de 1.700 mAh, ou sexa, un dispositivo de gama baixa, a un prezo de gama media (o moi superior Moto G de 2013 incluso está á venda por un par de libras menos), que como única vantaxe tería a garantía de actualización a Android 5.0 (posiblemente no mes de xaneiro).

PUBLICIDADE