Xa está dispoñible dende España o servizo de subscrición de xogos de EA para Xbox One
martes, 12 de agosto do 2014
A poucos dÃas da súa presentación, o servizo EA Access, que facilita o acceso a
un interesante catálogo de xogos de Electronic Arts mediante subscrición para
consolas Xbox One xa está finalmente dispoñible, incluÃndo a España entre os
paÃses nos que se estrea, de xeito que por 3,99 euros/mes podemos gozar de
xogos por valor de máis de 100 euros (que inicialmente son FIFA 14, Madden NFL 25, Battlefield 4 e Peggle 2, á vez que pode conseguirse rebaixas do 10% en compras
dixitais de EA e tamén poder gozar ata 5 dÃas antes de tÃtulos como Dragon Age Inquisition, FIFA 15, Madden NFL 15, NBA Live 15
ou NHL 15 (tempo no que poderase gozar
dos xogos como se fose comprados no lanzamento, data a partires das que se
bloquearán os tÃtulos, podendo continuarse as partidas onde quedaron de decidir
o usuario a súa compra).
O servizo xa está dispoñible na tenda de Xbox One e, para poder completar a súa
subscrición será preciso contar cunha conta de usuario activa en Origin, o
servizo de xogos en liña de EA. A subscrición renovarase automaticamente agás
que o usuario a cancele activamente.

- EA Access ofrece xogos de Xbox One mediante subscrición mensual ou anual
