Xa está listo o borrador do regulamento para o remate do sobrecusto do roaming en Europa
martes, 6 de setembro do 2016
O ano pasado a
Comisión Europea databa en xuño de 2017 a data para o remate dos sobrecustos da
telefonÃa móbil en itinerancia dentro da Unión Europea, deixando pendente a
determinación dos lÃmites que terÃa esta medida para evitar abusos, ou sexa,
para evitar que un cidadán puidese contratar unha liña telefónica noutro paÃs
para facer un uso permanente da mesma a un prezo reducido (desvirtuando o
concepto de itinerancia) e finalmente
xa teñen listo borrador
do regulamento da nova medida, no que detállanse as condicións que entrarán
en vigor o ano que vén tras a súa aprobación o vindeiro 15 de decembro (pasando
por un proceso no que poden realizarse modificacións, aÃnda que posiblemente
sexan moi lixeiras, xa que estamos ante un texto nacido dunha ampla consulta
pública).
O texto recolle unhas condicións de bo uso que deberán seguir as compañÃas de
telefonÃa móbil no territorio comunitario, entre as que destaca o feito de que,
de xeito xeral, establécese que un usuario poderá librarse dos sobrecustos da
itinerancia durante 90 dÃas ao ano. Pero a cousa non quedarÃa aÃ, senón que
tamén haberÃa un lÃmite de 30 dÃas seguidos como tempo máximo no que unha liña
poderÃa estar operativa fóra do seu paÃs de orixe para poder gozar da
eliminación dos sobrecustos por itinerancia. Cómpre detallar que en casos nos
que un usuario se conecte á súa rede local e a unha rede visitante no mesmo dÃa non se computará nin dentro dos 90 dÃas ao
ano, nin nos 30 dÃas seguidos de uso en itinerancia, ou sexa, que procurarase
asà protexer aos consumidores que viven en zonas fronteirizas.
As compañÃas tamén poderán detectar usos anómalos dos servizos de itinerancia,
por exemplo, en casos nos que o uso das liñas no paÃs de orixe fose moi
reducido, ou cando unha liña permanecese practicamente inactiva agás para facer
uso da mesma en itinerancia. Tamén realizarán probas para controlar que non se
clonen as tarxetas SIM para o seu uso noutros paÃses europeos.
En calquera caso, aparte da normativa comunitaria os operadores deberán
detallar nos contratos de telefonÃa as condicións que aplicarán (de feito, xa
hai compañÃas que omiten as limitacións propostas como un incentivo para captar
clientes).
Sobre os prezos maioristas, que aÃnda terán que ser aprobados e que revisaranse
periodicamente, a Comisión propón que as chamadas móbiles custen 4
céntimos/minuto, 1 céntimo por mensaxe de texto e 0,85 céntimos por MB de
datos.
