Yoigo estreará rede 4G en España nos vindeiros meses
luns, 8 de abril do 2013
AÃnda
que a meirande parte das empresas de telefonÃa móbil estean a agardar á
liberación do chamado dividendo dixital
para iniciar o seu servizo de telefonÃa móbil de cuarta xeración, o consello de
administración de Yoigo
vén de aprobar a posta en marcha da súa rede LTE en España de xeito inmediato,
o que facilitará a mellora das conexións de banda larga móbil, tanto en
velocidade de transferencia como en latencia, achegando unhas conexións cunha
resposta comparable a moitas liñas de banda larga fixa.
O operador móbil comezará a ofrecer o servizo na frecuencia dos 1.800 MHz, da
que conseguiu licenza en 2011, e este verán poderÃa ser cando poderiamos ver a
entrada en funcionamento da que aspirarÃa a ser a primeira rede comercial 4G de
España (o resto da compañÃas aÃnda están a desenvolver esta tecnoloxÃa a través
de experiencias piloto).
Esta decisión da compañÃa participada nun 76,6% pola sueca Telia Sonera estarÃa
asà a iniciar unha carreira por facerse cun bo posto nunha tecnoloxÃa de
telecomunicacións que en Europa está subdesenvolvida, para frustración para
moitos usuarios que ven como os seus últimos smartphones teñen prestacións que
non poden explotarse nas infraestruturas locais.
Orange confirmou que tamén entrará nesta competición polo 4G , pois tampouco
esperará pola liberación das frecuencias dos 800 MHz, e comezará a desenvolver
a súa rede LTE nas bandas dos 1.800 e os 2.600 MHz posiblemente no mes de
setembro.
Cómpre destacar que un dos motivos que poderÃan facer que Yoigo adiantase
posicións ao resto de operadores é que non puido facerse con ningunha licenza
da banda dos 800 MHz (moito mellor en cobertura que as que botarán a andar este
ano), polo que as implantacións que faga agora serÃan definitivas, mentres que
o resto de compañÃas prefire adiar os seus investimentos en 4G ata contar cun
rango de frecuencias con máis posibilidades comerciais.
