YouTube facilita a publicación de vÃdeos en varios idiomas a máis creadores
xoves, 23 de febreiro do 2023
Dende
YouTube levan meses permitindo que un grupo selecto de creadores de contido
poidan publicar vÃdeos na súa plataforma con pistas de audio en varios idiomas,
como se estivésemos cunha pelÃcula en DVD ou nunha plataforma de streaming, co
que as creacións publicadas en YouTube teñen máis doado chegar a un público
máis amplo, e finalmente anuncian
que abren esta posibilidade a milleiros de creadores (sen concretar o
número), polo que estarÃamos cada vez máis preto de que calquera poida publicar
vÃdeos con pista de audio en varias linguas.
A principal canle na que están a experimentar con este formato é MrBeast, canle en inglés
que xa hai tempo que ten unha canle secundaria en español, pero que actualmente
opta por publicar os contidos na canle principal con audio en 11 idiomas, o que
facilita enormemente a súa internacionalización.
Dende YouTube aseguran que os vÃdeos que contan con varias pistas de audio
melloran o seu tempo de reprodución máis dun 15%, aÃnda que cómpre salientar
que algúns tipos de vÃdeo teñen especial éxito nuns paÃses en concreto, polo
que certos creadores están especialmente interesados en poder ofrecer os seus
contidos en varios idiomas, para asà ampliar o seu alcance e chegar a públicos
moi receptivos a consumir o seu tipo de contido.