
Acerca da devandita fase do Plan, dicir que significaría entre outras cousas levar redes de alta velocidade a máis de 11.000 núcleos do noso rural, hoxe en día sen posibilidade de acceder a unha internet cun mínimo de calidade ou cunha oferta deficiente. Segundo lle apuntou Telefónica a La Voz, foi a mesma Xunta, responsable do Plan, a que lle comunicou a adxudicación provisional do seu programa para extensión de banda larga, unha estratexia que supón a achega de redes de alta velocidade a zonas da xeografía galega de especial dificultade en cuestións de cobertura, sobre todo polo seu carácter afastado e, tamén, polo complicado da súa orografía. Segundo informa La Voz, a dita resolución aínda ten carácter provisional, falta que se aprobe definitivamente, intre no que poderán comezar os labores de despregue de equipamentos e infraestrutura. A tecnoloxía a empregar será a UMTS-3G. A execución do plan supón un investimento por parte de Telefónica de 64 millóns de euros, do que 15 virían achegados pola Xunta. Lembrar que a oferta de Intermax correspondía ao estándar 802.11n, “o máis evolucionado para as transmisións de datos que posibilita acesos teóricos de 300 Megas e accesos reais de 200 Megas, garante a máxima calidade e está avaliado polo éxito destas redes noutras comunidades autónomas como Cataluña, Comunidade Valenciana e Andalucía que contan con máis de 50.000 usuarios”, informou Intermax.
A banda larga de Internet estenderase a 11.300 núcleos rurais
Compartir Este Artigo
