musical.ly convértese en TikTok
xoves, 2 de agosto do 2018
Unha das aplicacións móbiles de moda entre a mocidade,
musical.ly, vén de dicir adeus, xa que a empresa que a mercou a finais do ano
pasado por uns mil millóns de dólares, Bytedance Technology, decidiu fusionala con outro dos seus produtos,
TikTok, que vén de renovarse como aplicación para iOS
e Android
na que xúntanse as funcionalidade de ambas plataformas de vÃdeo de curta
duración para procurar construÃr unha aplicación global de maior impacto.
Coa fusión de TikTok e musical.ly pretenden converterse nun referente para os
creadores de vÃdeos breves, e os usuarios actuais poderán gozar da nova
aplicación sen traumas, xa que os seus contidos moveranse de xeito automático á
nova plataforma.
Aproveitaron a renovación da marca para introducir novidades na aplicación, de
xeito que agora os usuarios poderán reaccionar
aos vÃdeos dos amigos directamente dende o móbil; estrean novas ferramentas
creativas avanzadas como filtros de cámara que imitas as casas de espellos dos
parques de atraccións; conta con filtros tipo realidade virtual que poden
activarse con pestanexar; e con efectos de chroma
(para substituÃr o fondo dos vÃdeos).
Actualmente musical.ly tiña 100 millóns de usuarios activos ao mes, e agora
haberá que ver se esta actividade se traslada á nova aplicación ou se padece as
consecuencias dun cambio de marca tan brusco.
