Éutika e Tecmilenio lanzan unha plataforma para achegar ao mercado español os perfís TIC máis demandados

mércores, 19 de outubro do 2022 S. P.

A empresa galega Éutika, con sedes na Coruña e en Madrid e centrada na aplicación das novas tecnoloxías aos novos escenarios formativos e á xestión do talento dixital, ven de formalizar un acordo coa Universidade Tecmmilenio dirixido ao lanzamento dunha plataforma que desenvolverá os perfís TIC máis demandados do mercado español. Tecmilenio é unha institución de educación superior privada que aposta polo futuro da educación con experiencias de aprendizaxe que permitan adquirir, actualizar e aumentar competencias laborais. Xuntas, Éutika e Tecmilenio, lanzarán en España a plataforma Digital NAO.
Trátase dun sistema de identificación, desenvolvemento e vinculación continua e personalizada de talento dixital, que, segundo informan fontes de Éutika, “apodera aos aprendedores con oportunidades de desenvolvemento aliñadas ás competencias requiridas polo mercado para exercer os postos laborais máis demandados”.
Tecmilenio achega esta plataforma dixital e a súa metodoloxía de experiencia de aprendizaxe, acompañadas da experiencia pedagóxica de seu. como empresa nicho nas tecnoloxías da educación, nas solucións na nube e na xestión do talento dixital.
“Como profesionais, con longa experiencia no sector das tecnoloxías da información, en Éutika somos moi conscientes da alta demanda de talento especializado que provocou a rápida dixitalización, tanto dos procesos cotiáns como dos empresariais. A nosa misión é contribuír a reducir a dicir fenda dixital; ao aplicar procesos e tecnoloxías aos novos escenarios formativos; facilitar o acceso ao coñecemento; flexibilizar os procesos de aprendizaxe e promover o traballo colaborativo e o desenvolvemento das habilidades persoais”, sinala Nacho Baltar, socio fundador de Éutika, engadindo que “a nosa alianza con Tecmilenio para o lanzamento da plataforma Digital NAO en España reforza esta mensaxe e dá moito valor á nosa proposta”.
Os alicerces fundamentais de Digital NAO son:
-Aprendizaxe baseada en competencias, que identifica as habilidades requiridas para exercer os perfís tecnolóxicos máis demandados no mercado, mediante un proceso continuo e sistemático de hotskilling, transformando aquelas en experiencias de aprendizaxe baixo un enfoque por competencias.
-Avaliación (assesment) para perfilar profesionais e medir o desprazamento das súas competencias, ao longo das experiencias de aprendizaxe.
-Traxectorias de aprendizaxe personalizadas baseadas en retos reais co-deseñados con expertos e empresas e contidos propios e de terceiros, encamiñadas ao peche comprobábel da brecha de competencias de cada alumno (en 3-5 meses).
-Experiencias de aprendizaxe orientadas á empregabilidade, replicando en experiencias de aprendizaxe o exercicio de cada perfil, levando aos destinatarios da formación a integrar un portafolio profesional que evidencie as competencias que posúen, vinculándoos con oportunidades de emprego.
-Creación de comunidade de aprendedores que permita unha interacción eficaz entre os mesmos, así como a creación dunha rede de contactos afíns con aspiracións semellantes.
-Acompañamento tanto técnica por parte dos mellores expertos, como de benestar, que axudarán aos alumnos a avanzar na súa traxectoria formativa.
España á cabeza de contratacións TIC
“España é o país europeo onde máis medrou a base de empresas que contratan profesionais en TIC nos últimos 7 anos. Este crecemento vén ligado a un aumento significativo na demanda de talento tecnolóxico especializado, pero non se pode dicir o mesmo do número de especialistas TIC, onde de 2019 a 2020 apenas houbo un aumento do 2%”, sinala Juan Freire, vicerreitor de Innovación e de Transformación de Tecmilenio,, engadindo que Digital NAO nace co fin de contribuír ao peche deste desfase en países de fala hispana, mediante a formación de profesionais segundo as competencias requiridas polos postos máis demandados no mercado e a súa vinculación a oportunidades de emprego de empresas no país”.
Esta alianza entre Éutika e Tecmilenio inclúe o lanzamento da primeira traxectoria formativa DevOps, nas súas palabras “unha das disciplinas máis demandadas polas empresas e na que hai unha gran escaseza de profesionais no mercado”.
“Estamos moi emocionados de xerar esta alianza con Éutika, a cal resulta moi relevante para nós, xa que forma parte da estratexia de expansión internacional de Tecmilenio. A través de Dixgital NAO axudaremos a cerrar a brecha de talento que existe entre as empresas de España e os seus aprendedores, desprazando así as competencias dixitais”, sinalou Víctor Ortiz, vicerreitor de expansión internacional e alianzas de Tecmilenio.

PUBLICIDADE