Por fin podemos ver en acción chíos editados

venres, 30 de setembro do 2022 Marcus Fernández

A función máis reivindicada polos usuarios de Twitter dende os inicios da plataforma, a posibilidade de editar chíos, xa está visible e dispoñible para algúns subscritores de Twitter Blue, e precisamente a conta oficial do servizo de pagamento de Twitter é a que serve para que comprobemos como se ven os chíos editador: indicando cando foi a súa última edición e permitindo que consultemos o historial de edicións.
Os subscritores de Twitter Blue teñen agora na súa sección de acceso anticipado a unha selección de funcións novas un elemento novo chamado Editar Tweet no que explican que poderán editar os chíos até 5 veces dentro dun prazo de 30 minutos dende a súa publicación, salientando que o historial de cambios é visible para calquera persoa que queira ver a evolución dun chío.
Aínda que polo momento esta función estea limitada a usuarios de pagamento, confíase en que esteamos a falar unicamente do período de probas da nova prestación de Twitter, polo que nuns meses podería ampliarse a edición de chíos a calquera usuario.

PUBLICIDADE