Os probas son unha parte fundamental do desenvolvemento de proxectos, máis aínda nos innovadores e nos disruptivos: os que abren camiños que non existían antes e provocan revolucións (grandes ou pequenas) en materia de xestión empresarial, comunicación ou produción. As consecuencias de non establecer unha marxe ampla para o testeo e os pasos previos á validación poden ser prexudiciais para todos os elos da cadea, comezando polo polo prestixio da empresa e o equipo desenvolvedor. Axudarnos a asegurar e optimizar este capítulo fundamental do desenvolvemento (coas conseguintes vantaxes en aforro de custes, esforzos e recursos) é un dos grandes obxectivos do Curso Angular Testing, probas de aplicacións empresariais, que chega á súa terceira edición. Organiza novamente Vitae Consultores.
Serán dezaoito horas de formación a desenvolver a través da Aula Virtual de Vitae os días 8, 10 , 15, 17, 22 e 24 de novembro.
“Neste curso”, informa a consultora galega, “axudaremos aos asistentes a que coñezan os fundamentos das técnicas máis comúns para que poidan incluílos de contado e así mellorar a calidade dos seus programas”.
En termos concretos, nas sesións practicarase cos frameworks máis usados en materia frontend, como Karma-Jasmine/ Cypress, tanto para probas unitarias como en labores de integración, e poñendo o foco na importancia de programar con Angular, unha ferramenta que fai que as probas de aplicacións sexan “un plus de confianza para nós e para os nosos usuarios”, engade Vitae.
O formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae Consultores.
Vitae recupera en novembro o seu curso de probas de aplicacións con Angular Testing
Compartir Este Artigo
