O Concello de Ourense estrea dúas novas redes sociais

venres, 21 de outubro do 2022 S. P.

O Concello de Ourense quixo ampliar os horizontes da súa comunicación coa cidadanía e ao abeiro deste obxectivo (e do reto de achegarse ás novas xeracións) habilitou dúas novas redes sociais. Na súa conta de Instagram (@concelloourense) atoparemos información diaria sobre as noticias, as actividades e os eventos que ocorran na cidade. Ademais, actualizaranse diariamente as súas historias fixadas para achegar as novidades do momento aos cidadáns.
Mentres tanto, na conta de TikTok (@concelloourense) compartiranse especialmente en formato de vídeo os eventos máis importantes co fin de promocionar a cidade e achegarse á poboación máis nova.
Estas plataformas súmanse as xa existentes:
Facebook: Conta oficial do Concello de Ourense en FaceBook
Twitter: @OurenseConcello
YouTube: Conta oficial do Concello de Ourense en YouTube
Telegram: OurenseConcello

PUBLICIDADE