R e Cruz Vermella levan a inclusión dixital aos maiores de toda Galicia
mércores, 20 de xullo do 2022
A
xira anti-fenda dixital Enredando tour R, un
percorrido de Cruz Vermella e R mostarndo aos nosos maiores como
acadar navegacións seguras e usos rendibles dos seus dispositivos, percorrerá este mes de xullo seis concellos das
provincias de Lugo e Pontevedra para favorecer, cos seus obradoiros
itinerantes, a inclusión dixital do colectivo sénior. A iniciativa
Enredando tour R enmárcase no proxecto de Cruz Vermella en
Galicia, Enredando, cuxo
obxectivo é mellorar a calidade de vida dos usuarios e avanzar no
camiño da alfabetización á autonomía dixital en Galicia.
A
acción, que conta co respaldo da Consellería de Política Social,
presentouse na mañá deste 20 de xullo en Lugo, nun acto que contou
coa presenza do presidente de Cruz Vermella en Lugo, Luís
Abelleira;
o director de R, Alfredo Ramos; o tenente de alcalde e concelleiro de
Medio Rural e Medio Ambiente do Concello de Lugo, Miguel Fernández,
e a responsable autonómica do programa Enredando, Trini de
Lorenzo. Ademais, durante toda a mañá desenvolvéronse as primeiras
actividades na aula móbil formativa instalada na praza de Anxo
Fernández Gómez.
Tras
esta primeira parada na capital lucense, a xira recalará este xoves
21 en Chantada e o venres 22 na Fonsagrada. A próxima semana será a
quenda da provincia de Pontevedra, con escalas en Vigo (27 de xullo),
Pontevedra (28 de xullo) e A Estrada (29 de xullo).
Integración
dixital das persoas maiores
A
intención primeira desta acción é “minorar o efecto da fenda
dixital que tanto lle afecta a unha gran porcentaxe das/dos maiores e
a outros colectivos vulnerables”, en palabras da Cruz Vermella e a
operadora R, que lembran que estes colectivos, durante o confinamento
e nos momentos máis duros da pandemia, non puideron botar man das
novas tecnoloxías para completar xestións esenciais como pedir unha
cita médica, facer a compra ou realizar unha operación bancaria sen
saír da
casa”.
Esta
é a segunda edición de Enredando tour R, que en 2021 levou a
cabo preto de medio milleiro de formacións en diferentes localidades
das catro provincias galegas. Así, o ano pasado establecéronse 11
itinerarios formativos con parada na Coruña, Cedeira, Sarria,
Viveiro, Monforte, Carballiño, Verín, O Barco de Valdeorras, Lalín,
Ponteareas e A Guarda, que involucraron a máis de 400 persoas entre
usuarios e usuarias, profesionais e voluntarios e voluntarias de Cruz
Vermella.
