Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A fibra ata o fogar chegará estes meses a oito novos concellos de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A fibra ata o fogar chegará estes meses a oito novos concellos de Lugo

S. P.
Publicado: 28/07/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_goberno_adamo_270722_xuntanza_0.jpgA Deputación de Lugo compartiu os seus plans para contribuír a dotar ao rural lucense de acceso a Internet ultrarrápida, logo da xuntanza coa operadora Adamo da que falamos estes mércores 27 dende Código Cero, reunión na que participaron o presidente da entidade provincial, José Tomé Roca, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o responsable de Adamo en Galicia, David Llano. O obxectivo, destacaron, é agora levar a fibra óptica ata o fogar da compañía (fibra ata o fogar) aos concellos de Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Pontenova e Riotorto. Estes traballos realizaranse ao longo dos vindeiros meses.
José Tomé Roca puxo en valor o compromiso do Goberno co rural e coa despregadura de Rede avanzada. Máis concretamente, destacou os avances do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para proporcionar conectividade aos concellos da provincia coa segunda convocatoria de axudas do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión Úmico-Banda Larga que destina outros 12,3 millóns de euros para financiar proxectos na provincia de Lugo.
Pola súa banda, a subdelegada lembrou que “esta nova convocatoria de axudas, lanzada hai un mes, inscríbese na decisión do Goberno de levar a banda larga a toda a provincia”. As novas achegas, dixo, súmase aos investimentos que xa se están a mobilizar, por importe de máis de 23,7 millóns de euros, a través do Plan PEBA e a primeira convocatoria do Plan Unico. Ambos os dous están en execución e contan con subvencións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que achega 15,9 millóns de euros de axudas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Co Plan PEBA, a empresa Adamo xa levou a fibra óptica a vivendas situadas en 35 concellos da provincia e nos próximos meses ten previsto realizar obras para despregar Internet ultrarrápido noutros 8 municipios. Concretamente traballará para dotar de fibra óptica a vivendas de Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Pontenova e Riotorto que a finais do verán contarán coa conexión a Internet ultrarrápida, co que ao remate de ano serán 80.000 as vivendas conectadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?