As Xbox Series X|S reciben a actualización de sistema de outubro

mércores, 19 de outubro do 2022 Marcus Fernández

As consolas Xbox Series X|S están a recibir a súa actualización de outubro, que achega novidades importantes como a compatibilidade con CEC a través de HDMI, ou sexa, que permite que a consola poida mandar ordes ao televisor polo HDMI para así cambiar o nivel de volume dende o menú da consola, evitando ter que coller o mando do televisor no medio dunha partida para mudar o volume ou silenciar o televisor.
A sección de configuración da consola tamén permite eliminar o son de inicio da consola e mesmo silenciar todos os sons no momento de arrancar a consola, o que agradecen quen queren ter un inicio de sesión en silencio.
O menú da consola tamén cambia para que amigos e familiares poidan acceder aos nosos xogos e contidos cando non esteamos identificados na consola; tamén pode establecer unha protección mediante PIN para limitar as compras e o control paterno; e tamén hai actualizacións que facilitan o uso de novos mandos nas Xbox Series X|S.

PUBLICIDADE