Pablo García Peralta e Ángeles Nogueras, novos convidados de SinFiltro na sesión deste mércores
martes, 5 de xullo do 2022
O
programa SinFiltro, impulsado polo divulgador tecnolóxico Marcelo
Castelo para achegar un punto de vista alternativo (informal,
inesperado, distendido) á revolución dixital e os seus ámbitos
lindeiros, volve esta primeira semana de xullo cunha nova charla en
directo, novamente orientada “a mostrar a face máis humanoa e
menos coñecida da profesión tecnológa”. Será
unha cita con Pablo García Peralta e Ángeles Nogueras, este
mércores 6 de xullo ás 17.00 horas.
Pablo
García Peralta, o responsable do centro de datos en Santander
Global T&O, intervirá na compaña de Ángeles Nogueras
(directora TI en Azucarera) e xuntos desmontarán a imaxe
estereotipado que comunmente se asocia ao profesional TIC. O novo
talk show de SinFiltro virá novamente da man de Marcelo
Castelo, que fará de mestre de cerimonias.
Lembrar que
o programa SinFiltro recibiu recentemento o respaldo do CCII
(Consello estatal de Colexios de Enxeñaría Informática), do COEINF
(Collegi Oficial d’’Enginyeria Informàtica de Catalunya), do CPEIG
(Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) e do
COEIIB
(Colexio
de Enxeñaría e Informática das Illes Balears) como “iniciativa
singular para mostrar o lado máis humano do tecnólogo”.
O
prorama emitirase en directo a través de Youtube e o contido non
quedará dispoñible con posterioridade.
