PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

12 Lúas presenta Curtamania, nova lanzadeira de audiovisual galego

martes 8 de xullo do 2008, por Fernando Sarasqueta | | Compartir en Tuenti | Compartir |

A plataforma 12 Lúas, o proxecto colectivo e dixital de creación artística nado ao abeiro da pasada celebración do 17 de maio (Letras Galegas e Rede, todo significativamente a un tempo), está a promover actividades a través da Internet para ceibar ao panorama audiovisual galego de moitos dos atrancos que lle impiden chegar ao espectador. Con este fin, os responsables do devandito obradoiro en liña están a presentar a lanzadeira de curtametraxes Curtamanía, que xorde coa arela de tirar partido dos propios recursos da Internet (cada vez máis participativa) para impulsar este tipo de expresión artística, o uso da propia Rede e mesmo a aposta pola nosa lingua.
A iniciativa, que xa ten caderno propio, achegaralle á comunidade internauta unha nova peza audiovisual cada semana. Na imaxe, a curta Incomunicados, de Juan Galiñanes, xa presentada estes días no dito blog.
Lembrar que do colectivo 12 Lúas falamos hai uns días nesta mesma web, e tamén da súa vontade de tirar proveito (facendo uso de licenzas abertas, as Creative Commons con base derivativa) da mestura de dous ingredientes encamiñados a atoparse e mesmo a entenderse: as artes e a Rede. Trala proposta, atópanse artistas que tocan moi diversos ámbitos de expresión: Veronika Cernadas, Alberte Muíño, José M. Olveira, Esperanza Porto, Francisco Porto, Gabriela Rodríguez e Eugenio Sánchez.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS