SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A 17ª edición da LaconNetwork terá lugar o vindeiro venres en Carballo

luns 23 de maio do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 46.8 KB
Imaxe do programa De Bares no que fan un achegamento ao Bar Museo O Pescador

Os emprendedores tecnolóxicos galegos interesados en relacionarse con outros profesionais do mesmo ámbito en Galicia están convidados a participar o vindeiro venres nunha nova edición da LaconNetwork, encontro gastronómico dos albaneis da nube que desta volta terá lugar ás 14:00 horas no Bar Museo O Pescador, sito na Gran Vía de Carballo (a carón do Mercado Municipal).
Tras o xantar deste evento que chega á súa 17ª edición os participantes poderán acudir ao Balneario de Carballo, a poucos metros do restaurante, para recibir un tratamento de auga termal cun 50% de desconto.
O prezo do xantar será de 15 euros, e o tratamento termal custará 6,25 euros. Dende a organización do evento tamén animan aos interesados a botar un ollo ao programa De Bares de V Televisión para saber algo máis do restaurante que acollerá o evento o último venres do presente mes.

JPEG - 57.3 KB
O encontro de profesionais do sector TIC rematará cun tratamento termal
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS