A CMT autoriza o Wi-Fi de balde do Concello de Málaga
luns, 31 de maio do 2010
Pese a que hai uns meses a CMT sancionase cunha multa de 300.000
euros ao Concello de Málaga por ofrecer servizos de comunicacións electrónicas
sen estar escrito no rexistro de operadoras, finalmente o ente regulador da
competencia no mercado das telecomunicacións autorizou
o acceso a través de Wi-Fi de balde aos cidadáns de Málaga.
Para poder facer tal a CMT inscribiu de oficio ao Concello coma operador de
servizos de Internet, o que vén de ser criticado por Francisco Salas,
concelleiro de Novas TecnoloxÃas. Dende o Concello de Málaga agardan que a
sanción anterior poida anularse.
