
Nun acto que contou coa asistencia, entre outras autoridades, de Ricardo Capilla, Director Xeral de I+D+i; Mar Pereira, Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica; José García Costas,Presidente do Consello Galego de Cámaras e de José Manuel Fernández Alvariño, Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP); Jorge Cebreiros, Presidente de INEO, destacou o compromiso de Economía e Industria no avance da Sociedade da Información en Galicia e no impulso ás empresas galegas que operan no sector TIC, tanto en Galicia coma fóra. Neste sentido, Cebreiros destacou o traballo realizado pola Consellería, apoiándose en dous piares que comparte con INEO: a innovación e a consolidación das súas empresas.
Empresarial do Sector TIC, un evento que reuniu no hotel Talaso Atlántico de Oia a personalidades do ámbito social e político de Galicia, así como a representantes das asociacións empresariais dos diferentes sectores produtivos da nosa comunidade e aos empresarios do sector TIC galego.
Coa celebración da súa segunda edición, o Encontro Empresarial do Sector TIC consolídase como un punto de encontro entre organizacións e empresas do sector con representantes doutros sectores produtivos e do resto de axentes do ámbito social, político, universitario, de investigación,etc.
“O sector TIC necesita foros de debate e de encontro como o que se celebrou hoxe. É o momento de impulsar o acordo, a cooperación e a unidade de todos os axentes do sector para estreitar lazos co resto de sectores produtivos. Só deste xeito conseguiremos escenificar a importancia que teñen as Tecnoloxías da Información e da Comunicación para o avance económico de Galicia”, explica Jorge Cebreiros, presidente de INEO.
A Consellería de Economía e Industria nomeada socia de honra de INEO
Compartir Este Artigo

