A LaconNetwork visita Vigo na súa 16ª edición
mércores, 27 de abril do 2011

- Imaxe dunha pasada edición da LaconNetwork en Vigo
Tras o seu paso por
A Coruña, Lugo, Vigo, Santiago, Pontevedra, Boiro, Corcubión, Rivadavia, Ordes,
Betanzos e Guitiriz, o «momento
gastronómico de cada último venres de mes para os albaneis da nube»
coñecido como LaconNetwork vai repetir cidade o vindeiro 29 de abril ás 14:00
horas na Barrica de la Alameda na viguesa
Praza de Compostela (establecemento que podemos
localizar grazas a ikiMap).
Este encontro de profesionais e emprendedores galegos do sector TIC serve para
que numerosos entusiastas da tecnoloxÃa, a Internet e o emprendemento poidan
verse cara a cara para compartir pareceres e experiencias, á vez que gozan da
diversa gastronomÃa da nosa terra. Os interesados poden inscribirse na páxina web do
evento, á vez que poden relacionarse
previamente con algúns dos asistentes a través de Facebook.
Este mes a LaconNetwork chega á súa edición número 16, agardándose un éxito de
convocatoria como vén a ser habitual neste tipo de encontros nos que casan o networking e a gastrononÃa.
