A Maker Faire Galicia quece motores cun concurso fotográfico de solucións argalleiras

martes, 16 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Agora que a Compostela Mini Maker Faire vai reeditarse como Maker Faire Galicia, busca superar o impacto da anterior entrega, o que non só farán mudando de Área Central ao Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, onde confían en atraer a máis expositores e visitantes, senón que tamén tiran proveito das plataformas sociais para conseguir unha maior visibilidade que anime a argalleiros, patrocinadores e público a interesante no evento que se desenvolverá entre os días 1 e 2 de outubro.
Unha das promocións deste encontro, que resultará moi ilustrativa para os interesados en coñecer un pouco mellor en que consiste a cultura Maker, é un concurso titulado haiche moito maker, que estará aberto á presentación de participacións ata o 28 de agosto. Trátase dun concurso fotográfico no que buscan que os usuarios compartan imaxes que amosen solucións creativas aos problemas do día a día e que iranse publicando na conta de Facebook de Galicia Maker Faire de xeito que gañará a que se comparta en máis ocasións, recibindo o gañador un lote de mercadotecnia oficial do evento argalleiro.