Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Nintendo 3DS chega a Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Electrónica de consumo

A Nintendo 3DS chega a Galicia

Marcus Fernández
Publicado: 24/03/2011
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A xira Prueba y Verás establécese nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) ata o vindeiro domingo
A xira Prueba y Verás establécese nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) ata o vindeiro domingo
Este venres é a data oficial de lanzamento da nova consola portátil de Nintendo, pero un par de días antes chegou á Coruña a xira Prueba y Verás, na que é posible probar a Nintendo 3DS en primicia, experimentando coas súas posibilidades coa realidade aumentada e coa súa cámara, así como xogando a varios dos seus xogos de lanzamento, o que axuda de xeito decisivo á hora de decidir se mercar a consola que promete ser todo un éxito ao integrar unha pantalla 3D que non precisa de lentes para a súa visualización.
Pero, aínda que o camión que achegou Nintendo á cidade herculina permita probar en primeira persoa as sensacións que transmite a 3DS, non son poucos os que se adiantaron á estrea oficial da consola, que dende onte está a ser entregada aos impacientes que fixeron reservas en tendas especializadas e incluso hoxe podía verse á venda con total normalidade en tendas de videoxogos e incluso en hipermercados.
prueba_y_veras_coruna_04.jpgO prezo recomendado da Nintendo 3DS é de 249 euros, pero son moitos os establecementos que lanzaron agresivas ofertas para animar aos consumidores a adquirir o dispositivo no seu lanzamento e non agardar a unha posterior baixada de prezo (que podería demorarse moitos meses), de xeito que Media Markt vende a consola por 229 euros, mentres que as tendas da cadea GAME ofrecen ata 120 euros de desconto na 3DS de entregar a consola vella no momento da compra, mentres que nas tendas GameStop venden a Nintendo 3DS a 99,98 euros de entregarse adicionalmente unha PSP 3000 e 2 xogos ou accesorios (tendo que consultarse nas tendas os títulos aceptados dentro de tal promoción).

Actualización do sistema

A actualización da 3DS prémiase cun vídeo en 3D de OK Go
A actualización da 3DS prémiase cun vídeo en 3D de OK Go
Pero tamén resultou moi rechamante o feito de que hoxe mesmo publicasen unha actualización do software da Nintendo 3DS, que pode instalarse dende o menú de configuración da consola, e que mellora a estabilidade da consola, o funcionamento de SpotPass e as funcións de rede, ou sexa, que corrixe defectos detectados nas últimas semanas, e para animar aos usuarios a actualizar a súa consola, inclúe coa actualización un vídeo en 3D de OK Go, no que fan unha orixinal e divertida coreografía acompañando a canción White Knuckles, que polo momento é o único vídeo de acción real que pode verse na 3DS ata que Nintendo estree a eShop (tenda de contidos que contará con descargas tanto de balde como de pagamento, entres os que haberá tanto xogos como películas e series de televisión).
ACTUALIZACIÓN: Finalmente a actualización europea da 3DS non inclúe o vídeo de OK Go, senón un clip de minuto e medio con xente esquiando, animais e fogos artificiais.

O tema White Knuckles de OK Go leva meses sendo un grande éxito en YouTube, e agora pode verse en 3D na nova portátil de Nintendo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Electrónica de consumo

Apple aposta pola integración da IA con aplicacións de terceiros para as súas futuras lentes

16/11/2026
Electrónica de consumo

Nova xeración de pantallas de tinta electrónica en cor de E Ink

15/10/2026
Electrónica de consumo

Apple colaborará con LG na creación do seu ecosistema domótico renovado

07/10/2026
mac-macbook-pro-size-unselect-20.jpg
Electrónica de consumo

O MacBook Pro con pantalla táctil podería ser bastante máis lixeiro

05/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?