A Pobra do Caramiñal estrea Aula Informática e Multimedia Municipal

mércores, 23 de maio do 2012 Redacción

Ás 12:00 horas inaugurouse unha nova Aula Informática e Multimedia Municipal nos baixos da Casa Consistorial da Pobra do Caramiñal, participando de tal acto o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, quen acompañou ao alcalde do Consello, Isaac Maceiras Rivas. A nova instalación conta con equipamento informático e multimedia axeitado para a súa finalidade, cun total de 8 equipos informáticos con pantalla de 22 polgadas e webcam para os alumnos e outros máis para persoal docente. Tamén contan con proxector multimedia, pantalla extensible e sistema de son.
Nesta nova aula poderanse levar a cabo cursos de formación no eido das TIC, desde o máis básico ata o máis especializado, dirixidos aos distintos sectores da poboación. En breve solicitarase á Xunta de Galicia a homologación da aula para incorporala á Rede CeMIT e con iso poder acceder á programación desta, posto que se configura como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade, e para contribuír a impulsar o emprego e a competitividade empresarial.