A Xunta pide que se garanta a cobertura móbil no AVE galego
luns, 12 de decembro do 2011
A pasada fin de semana foi a posta en servizo da liña
ferroviaria de alta velocidade que une as cidades de A Coruña e Ourense, e
agora que xa está a explotarse comercialmente a primeira conexión do AVE en
Galicia a Xunta solicitou por escrito ao Ministerio de Fomento que tome medidas
para que os operadores de telecomunicacións poidan ofrecer cobertura móbil no
tramo Santiago-A Coruña, que actualmente sufre cortes nalgúns dos seus tramos
nos que non existe cobertura.
O tramo Santiago-A Coruña non entrou no proxecto de cobertura integran de
móbiles do trazado do AVE, xa que Fomento non o incluÃu nos traxectos aos que
dota coa infraestrutura necesaria para tal fin. Dende a Xunta de Galicia consideran
de vital importancia que os galegos poidan gozar de cobertura móbil no que se
supón que un unha das vÃa de comunicación do futuro.

- A liña de AVE que une A Coruña e Ourense comezou a funcionar comercialmente a pasada fin de semana

- Distintos polÃticos involucrados na achega do AVE a Galicia inauguraron a liña A Coruña-Ourense
