A galega Abertal presentará unha solución informática para agrupacións de Protección Civil

mércores, 12 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro sábado celebrarase na Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia en A Estrada a I Xornada Internacional de Protección Civil, marco no que presentarán unha nova solución informática para a xestión de agrupacións en colaboración coa Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV) e que facilitará o seu traballo, amais de reducir tempo e custos, permitindo xestionar as altas e baixas de voluntarios, vehículos e medios cos que conta cada agrupación, os operativos que realiza e incluso calcular os gastos e ingresos por períodos. A información administrada tamén poderá exportarse como informe (en formato Word, Excel ou HMTL) cun único clic.
A ferramenta ANAVGEST foi desenvolvida pola empresa galega Abertal, que tamén facilitará a presenza na web ás entidades agrupadas en ANAV, cunha páxina web na que poidan publicar os seus datos, novas, documentación, imaxes de intervencións e actos, ligazóns de interese para o cidadán e un formulario de contacto.

Os voluntarios de Protección Civil poderán aproveitar a nova ferramenta informática desenvolvida por Abertal

PUBLICIDADE