A vindeira edición de LaconNetwork terá lugar en Vigo
mércores 18 de agosto do 2010, por |

- O restaurante O Croque acollerá a vindeira edición da LaconNetwork
O vindeiro venres
27 de agosto terá lugar a 8ª
edición do encontro tecno-gastronómico LaconNetwork, no que emprendedores e
profesionais galegos relacionados cos sector das TIC xúntanse para xantar en
distintos puntos de Galicia, que nesta ocasión recalará no restaurante O Croque (Museo do Mar de Galicia) de
Vigo, onde poderán degustar dun completo menú á vez que comparten
experiencias e pareceres sobre as súas actividades, nun evento do que resulta
doado que xurdan sinerxías, en boa medida pola súa informalidade, o que
facilita o contacto de preto entre os
participantes.
Nos últimos meses a LaconNetwork xa visitou localidades coma Ribadavia,
Betanzos, A Coruña, Lugo e Ordes, o que responde a un interese dinamizador a
nivel galego, buscando así converterse en todo un referente entre profesionais
TIC da nosa terra.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















