AGESTIC propón á AMTEGA liñas de actuación para a modernización tecnolóxica de Galicia
martes, 17 de abril do 2012

- José MarÃa López Bourio, presidente de AGESTIC
A Directora da Axencia de Modernización Tecnoloxica de Galicia, Mar Pereira,
reuniuse esta mañá coa Xunta Directiva da Asociación
Galega de Empresas TIC (AGESTIC) presidida por José MarÃa López Bourio para
analizar un Documento elaborado polos servizos técnicos desta Asociación
Empresarial que contén unha Proposta con oito liñas de actuación para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia.
AGESTIC formulou
á AMTEGA, actuar nos seguintes puntos:
Smart City
Fogar e edificio dixital
Green TIC
AGESTIC, considera prioritario promover a modernización, o despregamento e
a evolución tecnolóxica das infraestruturas de telecomunicación galegas, tanto
na área urbana e rural (Smart City) coma no ámbito da edificación (Fogar e
Edificio Dixital Sostible) e as tecnoloxÃas verdes (Green TIC) para garantir a
correcta provisión das necesidades de comunicación da Sociedade da Información.

- López Bourio durante a presentación compostelá de TTT Social Center
Creación dun
Centro Demostrador Tecnolóxico permanente do Fogar Dixital (CDHD) en Galicia,
aberto a todos os produtos, servizos e tecnoloxÃas propios destes fogares e
onde conflúen diferentes axentes, empresas, público e tecnoloxÃa ao estilo do
que existe en Madrid, promovido con notable éxito por AMETIC e o
MITyC. O CDHD poderÃa estar situado no Centro de Novas TecnoloxÃas de
Galicia, ao igual que o Centro Demostrador TIC, e nel terÃan cabida multitude
de produtos e servizos, grazas aos niveis de desenvolvemento tecnolóxicos
alcanzados polas empresas galegas do sector.
TecnoloxÃa social, accesibilidade e
usabilidade
Todos os plans das AA.PP. avaliarán sistematicamente a accesibilidade nos
plans que se poñan en marcha, p. ex., comercio electrónico ou identidade e
firma electrónica e garantirán que os sitios web do sector público (e os que
presten servizos básicos ao cidadán) teñan o máximo nivel de accesibilidade
para 2015
Propóñense proxectos de telecoidado (Telecoidados Integrados para Galicia), accesiblidade e
usabilidade web (INCLUSITE) e un Encontro sobre Responsabilidade Social
Tecnolóxica.
Plan de seguridade da información e
cumprimento normativo na Xunta de Galicia
Proposta de AGESTIC á Xunta de Galicia de realización dun
Plan de Seguridade da Información, para o cumprimento normativo integral en
materia de seguridade da información, posto que non se pode esixir aos cidadáns
e empresas este cumprimento sen dar exemplo.
L-administración
Evolucionar a provisión dos servizos públicos actuais cara aServicios 2.0,
dispoñibles en todo momento e en todo lugar, cunha experiencia de uso áxil e
intuitiva e que fomenten a participación cidadá, a colaboración e a interacción
en tempo real.
TelefonÃa móbil
Seguintes liñas de actuación no campo das comunicacións móbiles:
Seguridade, entrega de vÃdeo e contidos, servizos financeiros, e-health, cloud computing,
internet das cousas, produtividade.
Innovación e tecnoloxÃa en
cooperación
Establecer un sistema a semellanza do modelo do PaÃs Vasco en cooperación
para o emprendemento, o apoio ás start-ups,
a creación de empresas de base tecnolóxica, o financiamento e a cooperación
pública privada
En conclusión AGESTIC, o que pretende con este Documento é que a AMTEGA, que
foi unha excelente iniciativa da Xunta de Galicia para unificar os
diferentes departamentos relacionados coa Sociedade das Información, actúe como
entidade tractora e sirva de apoio ás asociacións empresariais e empresas TIC
de Galicia nun novo escenario de desenvolvemento económico.
