Achégase a nova versión da alternativa galega a Windows XP, a opción MiniNo
xoves, 31 de xullo do 2014
Segundo
se sinalaba na web de Mancomún,
a pasada fin de semana tiña lugar a reunión anual IV
MiniNo Devconf, o encontro dos desenvolvedores de MiniNo. Alí
tratáronse diversos temas, entre eles os últimos detalles do MiniNo
Ártabros 2.1 RC,
prevista para finais de agosto ou comezos de setembro.E que é iso do
GALPon MiniNo? Trátase dunha distribución GNU/Linux, baseada en
Debian, que ten por obxectivo dar solución a computadores moi
antigos e con moi poucos recursos.
Nada en 2008 conta xa con máis de
14.000 descargas, sendo case 6.000 correspondentes ao primeiro
semestre de 2014. Logo de case dous anos da publicación
da versión 2.0, estase a darlle unha viraxe a esta alternativa
para migrar equipos antigos que até o de agora tiñan Windows XP e
que xa non conta con soporte.
Entre
as novidades deste MiniNo están:
-
Dúas edicións de MiniNo Ártabros 2.1 para equipos máis e
menos antigos, ambas baseadas en Debian 7: Edición
MiniNo Ártabros 2.1 «full», que precisará ser gravada nun
DVD ou USB. E edición MiniNo Ártabros 2.1 «minimal»,que pode ser
gravada nun CD ,
-
Redución do consumo de RAM dun 12%
(a 65 MB).
-
Melloras na funcionalidade de construción dunha imaxe ISO
personalizada.
En
canto ás descargas, até o de agora só
está dispoñible a descarga da edición Full: MiniNo
artabros 2.1 ful RC.iso. É posible tamén actualizar dende unha
versión 2.0 a calquera das dúas edicións da versión 2.1 RC
seguindo as instrucións
da páxina de MiniNo.
E
indo a outra cousa, na xuntanza da que falamos
tamén se perfilou o traballo futuro para a nova versión de MiniNo
dirixida aos máis cativos: PicarOs Diego 2014, unha versión que
estará lista a finais de setembro ou comezos de outubro. O máis
salientábel desta versión para nenos serán as melloras na
seguridade e na intimidade, melloras na navegación, melloras
estéticas e de funcionalidade (achegar tipos de letra para
disléxicos, etc), mellorar e engadir máis programas educativos ou
de lecer formativo, melloras nas ferramentas de aula e no plano
operacional...
Para
ter máis información sobre as novidades de MiniNo e Picaros cómpre
consultar as conclusións
do encontro, ou a propia páxina
da distribución
Tanto
o encontro de desenvolvedores como a difusión e publicación das
novas versións forman parte das actividades que GALPon realiza ao
abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), incluídas no Plan
de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.