Amazon presenta unha solución de entrega de paquetes baseada en drons
luns, 2 de decembro do 2013
Durante a
xornada de hoxe, Amazon sorprendeu ao mundo cun proxecto dos seu laboratorios
de I+D, que serÃa a evolución do seu servizo de premium de entregas, que responderÃa ao nome de Amazon
Prime Air e que consistirÃa nunha solución de envÃo de paquetes que poderÃa
achegar os pedidos aos clientes en só 30 minutos empregando vehÃculos aéreos
non tripulados (drons).
Polo momento estamos ante un simple vÃdeo de demostración no que podemos ver
como un octocóptero traslada un paquete ata a entrada dun domicilio, o que
aÃnda dista moito de poder ofrecerse na práctica, en boa medida porque a
operación dos vehÃculos aéreos non tripulados aÃnda debe regularse,
especialmente no que respecta á seguridade pública, de xeito que é de agardar
que nos vindeiros anos se traballe seriamente para pór medidas que fagan que os
drons non sexa un perigo para os peóns, e o tráfico dos nosos ceos a baixa
altura tamén estea ordenado dalgún xeito.
Temos asà que polo momento este proxecto queda nunha curiosidade (que de
converterse en realidade, tardará anos en chegar), publicada por Amazon a
poucas horas do comezo do Cyber Monday, un dÃa de rebaixas moi importante na
Rede, polo que podemos entender que estamos ante un xeito de captar a atención
dos consumidores no momento máis axeitado.
VÃdeo de presentación de Amazon Prime Air
En Australia existe un proxecto semellante ao de Amazon, que pretende distribuÃr libros en aluguer o ano que vén
