Aparecen múltiples rumores sobre un futuro móbil de Microsoft
luns 8 de febreiro do 2010, por | |
| Compartir |
A unha semana da
celebración do Mobile World Congress en Barcelona dispáranse os rumores sobre o
sistema operativo Windows Mobile 7 e un posible móbil promovido por Microsoft,
que reaccionaría deste xeito ao iPhone de Apple e o Nexus One de Google, dando
un salto evolutivo nos seus terminais móbil grazas en boa medida por incorporar
as bondades da interface de usuario do reprodutor multimedia Zune ao seu
sistema operativo, de xeito que deixaría de parecer un Windows de peto, para
estar ben adaptado a un terminal de reducido tamaño.
Pero que o futuro móbil, que podería responder ao nome de Windows Phone 7, vaia
ter un manexo semellante a un Zune HD non debería sorprender (agardábase xa tal
medida co Windows Mobile 6.5, aínda que finalmente non foi así), pero o que
igual pilla a moitos co pé cambiado é o rumor de que o
novo dispositivo podería non ser multi-tarefa e non soportar Flash inicialmente,
ou sexa, que compartiría certas carencias co iPhone, aínda que o caso do Flash
debería ser eventual (pois existe un bo entendemento entre Microsoft e Adobe a
este respecto).
O sistema operativo do Windows Phone 7 tamén tería certo nivel de integración
coa Xbox 360, e estaría aberto á tenda de contidos da mesma, o que podería ser
un bo comezo para esta plataforma, que non comezaría dende cero.
Pero por outra banda tamén chegaron cadeas de rumores con toda
unha serie de novas características coma serían o soporte de tecnoloxía
Silverlight fóra do navegador web, a posibilidade de utilizar o XNA
GameStudio 3.1 para facer xogos para o novo móbil, soportaría tecnoloxía push e incluso chega a falarse de que o
terminal non estaría fabricado directamente por Microsoft, pero a compañía de
Redmond tería incluído seriamente no seu deseño (o que lembra ao Nexus One).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














