As televisións buscan achegar os vindeiros comicios electorais ós cidadáns coa axuda do vÃdeo na Internet
xoves, 24 de xaneiro do 2008
O debate polÃtico na
Internet entre Zapatero e Rajoy proposto por 20 Minutos poderÃa quedar en
nada por culpa en boa medida das canles de televisión, que durante o dÃa de
onte se lanzaron en masa a emular á iniciativa emprendida por YouTube e a CNN para
crear uns debates electorais coa participación dos cidadáns a través da
Internet.
TVE, Antena 3 e LaSexta parecen ser as canles que se enredan nesta absurda
loita na que todos parecen querer ser os pioneiros nun formato de
interactividade copiado dos EE.UU.
|
A primeira canle en sumarse a esta nova tendencia foi Televisión Española, que
estreou unha canle electoral en
YouTube na que os cidadáns poderán enviar preguntas en vÃdeo dirixidas ós
candidatos, das que as seleccionadas se emitirán por TVE dentro dos programas
de entrevistas que se retransmitirán nos vindeiros dÃas, podendo tamén os
internautas botar polas súas preguntas favoritas a partir do 14 de febreiro.
Esta nova plataforma se promocionará a través dunha web de RTVE na que se explican os
detalles desta iniciativa, dando consellos a quen desexe participar (coma que
os seus vÃdeos non duren máis de 30 segundos, que se identifique o autor ou
destacar pola orixinalidade).
Segundo RosalÃa Lloret, directora de Medios Interactivos de RTVE, esta
iniciativa nace «a raÃz do éxito do
programa Tengo una pregunta para usted» e pretende «fomentar a participación cidadá no proceso polÃtico».
Reaccionando a toda velocidade ó anuncio de RTVE, dende Antena 3 tamén estrean
unha canle en YouTube, que
complementará á web electoral dos seus
servizos informativos. Dende Antena 3 aseguran que as preguntas remitidas en
vÃdeo polos internautas se poderán ver en seccións especiais de Espejo Público e 360 grados, asà como nas distintas edicións de Antena 3 Noticias, emitÃndose
as cuestións máis orixinais e as que non foran abordadas polos diferentes
programas dos partidos polÃticos.
|
Amais, tamén levarán a comunicación das eleccións ós novos soportes coma
Internet, a telefonÃa móbil (SMS, MMS, WAP, vÃdeo baixo demanda e televisión móbil),
televisión por Internet, etc.
LaSexta decidiu seguir o mesmo camiño que o resto de canles televisivas, aÃnda
que dun xeito menos áxil, pois a súa aposta céntrase na creación da web TúPreguntas.com, que non estará
operativa ata o vindeiro luns.
A iniciativa de LaSexta
preséntase coma un reto lanzado a Zapatero e Rajoy, para que respondan ás
preguntas dos internautas ós dous lÃderes polÃticos, seleccionando as máis
orixinais e incisivas para un potencial debate televisivo desta canle.
LaSexta permite o envÃo de preguntas a través de webcam na súa web especial,
remitindo o enderezo dun vÃdeo subido a YouTube e mesmo escribindo a pregunta
en texto (sen vÃdeo). Os usuarios da web tamén poderán opinar sobre as
preguntas enviadas e intercambiar ideas con outros cidadáns.