Assassin’s Creed III estrea novo capítulo descargable

martes, 19 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O xogo Assassin’s Creed III está a ampliar a súa experiencia mediante unha historia descargable titulada La Tiranía del Rey Washington, que hoxe recibe o seu segundo capítulo, La Traición, no que Ratonhnhaké (Connor) obtén o Poder da Aguia que confírelle o acceso a un extraordinario conxunto de obsequios que o capacitarán para desenvolver reaccións tan rápidas como un lóstrego e engadir outra dimensión ao sixilo, indo máis aló do poder do Lobo adquirido no anterior capítulo deste DLC.
Esta aventura alternativa sitúase nunha liña temporal paralela na que Connor nunca foi un Assassin, e acepta unha misión para loitar pola liberdade que neste novo episodio lévao a Boston para atopar un aliado na súa guerra contra o rei, e iniciar unha nova revolución.
Cada un destes contidos poden adquirirse de xeito separado no Bazar de Xbox LIVE (Xbox 360), en Uplay (PC) e en Steam (PC) dende hoxe mesmo, chegando mañá á PlayStation Network (PS3) e o xoves a Wii U, custando cada paquete solto 9,99 euros, aínda que os xogadores que estean interesados en adquirir todos estes contidos adicionais para o xogo tamén poden adquirir un pase de tempada, que inclúe todos os DLC que sairán para este xogo.


Trailer do novo capítulo de Assassin’s Creed III

No xogo amósase unha liña temporal alternativa na que Connor nunca foi un Assassin
Ratonhnhaké desenvolve un maior sixilo grazas ao Poder da Aguia

PUBLICIDADE