Avid leva a súa solución de edición de vídeo ao iPad

xoves, 2 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Á aplicación iMovie para iPhone/iPod Touch e iPad vén de saírlle un serio competidor, Avid Studio, aplicación que polo momento só está dispoñible para iPad e que facilita a edición de vídeo, audio e fotografías dun xeito áxil, para engadirlles efectos, transicións e banda sonora para unha posterior publicación en YouTube, Facebook e outros servizos ou, simplemente, para exportalos para a versión de escritorio de Avid Studio (todo un estándar na edición de vídeo profesional).
Actualmente Avid Studio ten un prezo de 3,99 euros, igual que iMovie, pero incrementarán o seu prezo de venda dentro dun mes, polo que os interesados en editar vídeo dende o iPad poden aproveitar a oportunidade para facerse con esta ferramenta que permite editar vídeos en varias pistas, crear efectos de imaxes impresionantes, xerar gráficos e títulos en movemento de aspecto profesional e outras funcións que parecían imposibles nun sistema de edición que se manexa cos dedos sobre unha pantalla.

A aplicación é bastante completa se temos en conta que manéxase cos dedos en vez de cun rato