Buzzie, a primeira aplicación cliente de Google Buzz para iPhone
xoves 4 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
Tras o lanzamento de Google Buzz
e da súa API pública de programación, era só cuestión de tempo que aparecese
algunha aplicación que aproveitase este novo servizo integrado inicialmente en
Gmail, e así chega Buzzie, un programa para iPhone e iPod Touch que busca
mellorar a experiencia de uso da versión web de Buzz aínda que sorprende que
esteamos ante unha
aplicación de pagamento, cun prezo de 1,59 euros (ao parecer,
incluíndo un desconto do 33%, aplicable só á semana de lanzamento do produto).
Buzzie permite botar un ollo ao que contan os usuarios de Buzz que temos ao
noso redor incluso sen contar cunha conta de Google Buzz, recibe as mensaxes
das persoas ás que seguimos, envía comentarios ás mensaxes alleas e marca as
que sexan do noso agrado, explora as ligazóns, imaxes e vídeos adxuntos ás
mensaxes, xestiona á xente que seguimos, explora a xente que nos segue, atopa
novas persoas ás que seguir, atopa lugares interesantes ao noso redor e permite
tamén mandar mensaxes públicos ou privados dende o teléfono.
Estariamos ante a primeira de moitas outras aplicacións que permiten o acceso a
Google Buzz, doada de mellorar aínda que sexa só incorporando o acceso a outras
plataformas sociais coma Twitter ou Facebook.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68















