Código Cero chega ao número 100 coincidindo co seu 10º aniversario
luns, 2 de xaneiro do 2012
Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao 10º aniversario da nosa publicación na súa versión en papel, o que aproveitamos para facer un oco a distintas figuras do sector a xeito de sinaturas convidadas entre as que figuran Mar Pereira, Mauro Fernández, Javier GarcÃa TobÃo, Ignacio Otero, Rafael Valcarce, David Serantes, VÃctor López, Javier Rocamora, Fernando Suárez e outros.
Outros temas que destacamos neste número son os seguintes:
Dez anos de Código Cero
Entrevista a Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios
Banda larga, TDT e aulas dixitais
eDepo: a Administración nun click
Retegal: obxectivos do operador público galego
Entrevista a Miguel Churruca, director de Marketing de Blusens
A rede CeMIT triplica a súa oferta de actividades TIC para 2012
Entrevista a Alfredo Ferreiro, director territorial de Contas Globais de HP
VIII edición dos premios EGANET
Breve repaso do sector galego dos videoxogos