Economía e Industria confía no sector TIC para a dinamización do tecido empresarial galego

xoves, 29 de setembro do 2011 Redacción

Guerra visitou hoxe as instalacións de InsaNun encontro con empresarios do sector organizado por Ineo, entidade referente das empresas TIC en Galicia, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, acompañado polo director xeral de I+D+I, Ricardo Capilla, asegurou que a industria baseada no coñecemento xoga un importante papel dinamizador no tecido empresarial galego, propiciando a transferencia de coñecemento e a innovación tecnolóxica no resto de sectores.
Javier Guerra, que visitou as instalacións de Insa, unha das empresas punteiras do sector a nivel europeo que emprega a máis de 120 persoas en Pereiro de Aguiar, asegurou que a aposta de Economía e Industria pola investigación, o desenvolvemento e a innovación queda patente en acordos como o autorizado hoxe polo Consello da Xunta co CDTI, que permitirá a mobilización de investimentos de máis de 60 millóns de euros en grandes proxectos de I+D+I vinculados á iniciativa privada.
A Consellería de Economía e Industria mantén como unha prioridade o desenvolvemento das TIC nos principais sectores estratéxicos da economía galega, a prol do desenvolvemento cunha contorna económica innovadora e competitiva. Neste sentido, o Plan Galego de Investigación, Innovación e Desenvolvemento, i2C, prioriza o sector TIC como unha actividade con grandes perspectivas de crecemento, que ademais pode contribuír a impulsar o crecemento do tecido industrial e produtivo galego.

Guerra visitou hoxe as instalacións de Insa