Éxito en Santiago do curso de tradución ao galego de software libre
martes, 27 de setembro do 2011
Logo dunha longa serie de obradoiros de
localización e outras actividades, a Oficina de Software Libre da Universidade
de Santiago segue a traballar para favorecer a tradución de programas abertos ao
galego. Desta volta, ao longo da primeira semana deste mes, o departamento da
USC organizou unha actividade formativa destinada, precisamente, a amosar a
metodoloxÃa básica da tradución de aplicativos á nosa lingua ao tempo que se
facÃa fincapé nas vantaxes mesmas do software libre e dos programas
potencialmente traducibles. O
curso desenvolveuse baixo o epÃgrafe Aprende
traducindo. Localización de aplicativos ao galego.
Segundo os datos achegados pola oficina e
reflectidos polo miúdo por Mancomún,
a actividade foi todo un éxito de participación, cousa que lle dá novos azos á
organización para seguir promovendo o seu importante labor de enriquecemento do
panorama de recursos informáticos en galego (posto que son os propios
estudantes e os profesores os que colaboran, ombro con ombro, nestas xeiras
colectivas de tradución: os fiadeiros). O curso, que contou con varias ducias
de participantes, sobre todo mulleres, foi impartido por especialistas en
software libre integrantes da nosa comunidade de localización á nosa lingua.
Contouse coa presenza de Enrique Estévez Fernández, coordinador do equipo de
tradución do proxecto Mozilla, Francisco Diéguez Souto, coordinador do equipo
de tradución do proxecto GNOME, Antón Gómez Méixome, coordinador do equipo de
tradución dos proxectos LibreOffice e OpenOffice e Miguel Anxo Bouzada,
coordinador do equipo de tradución de Ubuntu.
No transcurso da actividade, infórmase, as
asistentes recibiron conceptos básicos sobre cómo traballar na tradución de
recursos informáticos abertos, sobre o proxecto Trasno (orientado tamén á
localización), sobre a forma de colaborar máis axeitadamente, etc. Tamén se lle
entregou ao alumnado o Manual de Ubuntu cedido
pola Asociación Trasno, e o libro Creando
Software Libre, de Karl Fogen, achegado pola Asociación Ghandalf.
