Firefox 7.0 optimiza o uso da memoria e mellora a súa velocidade
martes, 27 de setembro do 2011
A Fundación
Mozilla vén
de publicar oficialmente para Windows, Mac OS e Linux a versión 7.0 do seu
navegador web Firefox, que promete unha experiencia de navegación máis
rápida e un uso da memoria máis eficiente, o que agradecerán especialmente os
usuarios que tendan a abrir numerosas lapelas dentro da aplicación e empreguen
o navegador durante moitas horas seguidas (mentres que versións anteriores
tendÃan a engordar no seu consumo de
memoria RAM, facendo que a aplicación fose cada vez máis lenta).
O Firefox 7.0 tamén inclúe novas ferramentas de desenvolvemento web, mellora o
rendemento de animacións e xogos en HTML5 e tamén soporta unha API que permite
que os desenvolvedores poidan medir o tempo de carga e a velocidade de carga
dunha páxina web (o que pode axudar para optimizar a carga das aplicacións
web).