GameStop vende a PlayStation 3 por un prezo a partir dos 229,98 euros
venres, 12 de xuño do 2009
A
PlayStation 3 de Sony resístese a reducir o seu prezo, e continúa a custar 399
euros, o que a deixa moi lonxe da súa principal competidora, a Xbox 360 de
Microsoft, que no seu modelo básico está á venda por só 179,95 euros;
entendemos así que mentres non chegue unha rebaixa oficial cadeas de tendas
teñan que lanzar promocións pola súa conta, como GameStop, que vende a PS3 con
disco duro de 80 Gb por 369,98 euros, aínda que se no momento da compra se
entregan 5 xogos (de PS3, Xbox 360, Nintendo DS, PSP ou Wii que cumpran certas
condicións) poderanse adquirir packs
da consola con xogos por 229,98 euros.
Os xogos que incluiría esta promoción que dura ata o 30 de xuño serían Killzone 2, GT5 e Motorstorm, Resistance
e Uncharted, GTA 4 e GT5 Prologue ou GTA 4 e Midnight
Club Los Angeles. Por 5 euros adicionais tamén permite a adquisición do Pro Evolution Soccer 2008.
Á vista desta oferta parece
probable que a PlayStation 3 baixe finalmente de prezo, o que
podería darlle o pulo que necesita nun momento no que o consumo está a
contraerse.