Gomaespuma comparte o seu arquivo radiofónico nun novo podcast
mércores, 10 de marzo do 2010
Os afeccionados ao programa
de radio do dúo humorÃstico Gomaespuma están de parabéns, pois Juan Luis Cano e
Guillermo Fesser sorprenden ao iniciar
un podcast co que están a compartir o seu arquivo radiofónico coa súa audiencia,
que asà poderá revivir os mellores momentos do seu divertido programa. A
radionovela Cándida, as primicias primiciosas, as crÃticas
cinematográficas ou as recreacións paródicas de momentos históricos (reais ou
inventados) serán algúns dos contidos accesibles dende o Podcast
con Orejas, no que están a publicar máis de 6 cortes de audio
case cada dÃa, que ao ser de duracións reducidas (entre 2 e 17 minutos cada
un), resultan moi prácticos para amenizar tempos mortos ou os nosos
desprazamentos ao traballo ou ao centro de estudos.
