Google Wave liberará boa parte do seu código

martes, 7 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Aínda que Google Wave parece ser o fracaso máis sonoro de Google, tal tecnoloxía resístese a deixarnos, e dende Google decidiron garantir a súa supervivencia liberando as partes centrais do seu código, de xeito que agora teremos ata 200.000 liñas de código coma código aberto que serían suficientes para dar lugar a un servidor de Wave e a un cliente web que poidan dar lugar a unha aplicación completa que deron en chamar Wave in a Box.
Dito doutro xeito: Google vai liberar unha versión empaquetada de Wave para que a comunidade poida ter boa parte das funcións de Wave para poder correr esta tecnoloxía nos seus servidores e manter as waves nos seu hardware, ou sexa, que non será o mesmo que unha versión completa do Google Wave ao que podemos acceder actualmente.
Aínda que Wave in a Box pretende ser unha aplicación funcional, dende Google agardan que o futuro de Wave quede nas mans dos desenvolvedores que realicen achegas a este proxecto.