Google podería cesar finalmente as súas actividades en China
luns 15 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
A relación entre Google e o
Goberno chinés está nun momento crítico, e agora chegan a asegurar que a
posibilidade de que Google cese as súas actividades en China cumprindo coas
súas ameazas previas serían do 99,9% ante o feito de que as
negociacións coas autoridades chinesas están atascadas.
Dende Google denunciaron padecer un importante ataque informático no que
existiría certa implicación do goberno local, e poñían coma condición para
continuar a operar en China o cesamento da censura de contidos no país
asiático, mentres que o primeiro ministro chinés asegura que as empresas
estranxeiras son benvidas no país sempre que respecten as súas leis e o ministro
de Industria e Tecnoloxía da Información incluso matizou que «a multinacional ten a liberdade de irse ou
quedar» e, no caso de decidir esta última opción, «o sector da Internet non se verá afectado por elo e seguirá
desenvolvéndose rapidamente» pois non debemos esquecer que Google en China
é un buscador minoritario.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68















