PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Jesús Encinar protagonizará a vindeira edición de Iniciador Galicia

martes 29 de decembro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

O vindeiro 14 de xaneiro o ITE Caixa Galicia de A Coruña acollerá o evento Iniciador Galicia que xuntará a numerosos emprendedores do sector TIC galego que acudirán para escoitar un relatorio do fundador de Idealista.com, Jesús Encinar, quen falará de «10 consellos sobre cómo empezar unha empresas na Internet».
A charla de Encinar centrarase en identificar e pór solución os principais erros que cometen os emprendedores á hora de iniciar os seus proxectos, destacando cuestións vitais como a formación do equipo, o financiamento ou os socios, e tras a exposición do coñecido relator, os asistentes poderán iniciar unha quenda de preguntas nas que ábrese un diálogo moi próximo ao convidado, que é unha das características que diferenza este tipo de encontro.
A xornada que desenvolverase entre as 19:00 e as 21:00 horas estará patrocinada nesta ocasión pola empresa de tecnoloxía en telecomunicacións Quobis.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS