A Unión de Consumidores de Galicia organiza este luns na Fundación Caixa Galicia (sita na compostelá Rúa do Vilar, 19) unha xornada sobre as relación entre consumidores e operadores de telecomunicacións que busca que distintas organizacións sociais expoñan os seus puntos de vista sobre o sector das telecomunicacións, atendendo aos estudos que desenvolven.
Víctor Domingo, presidente da Asociación de Internautas, comentará os criterios para elixir un operador de acceso á Internet e comentará os estudos da A.I., servindo como paso a un debate tras o que o vogal da Unión de Consumidores de Galicia, Roberto Noya Mariño, ilustrará sobre as conclusións do VI observatorio sobre relación calidade/prezo en telecomunicacións.
Tríptico das xornadasA mañá rematará con tres relatorios: – A importancia da postvenda e a atención ao cliente: tema tratado pola presidenta de ADECES, Carmen Rodríguez – Veracidade na información: Acceso directo ou indirecto. Cable vs cobre: dilema abordado por Adolfo Varela, ex membro do Consello Asesor de Telecomunicacións en representación do CCU – A confianza como patrón de referencia dos usuarios: O secretario da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, destacará ese elemento do que a súa organización incidiu nos seus últimos estudos.
As relacións entre consumidores e operadores de telecomunicacións, a debate en Compostela
Compartir Este Artigo

