Linus Torvalds bota un capote ao Nexus One
luns 8 de febreiro do 2010, por | |
| Compartir |
Pese a que, tras
o estoupido inicial, o Nexus One parece ter problemas para facerse un oco no
mercado, non lle faltan defensores, e o último en saír á palestra non foi outro
que Linus Torvalds, o pai do kernel de GNU/Linux, quen asegura que habitualmente
odia os móbiles, dispositivos que considera irritantes e molestos por
interrompelo cando está a traballar ou ler, pero que tras botar un ollo ao
Nexus One co gallo da súa última
actualización levou unha grata impresión, especialmente polo servizo Google
Navigation que «finalmente fai que un
móbil sexa útil» e asegura dende o seu blog que co novo terminal ten a
impresión de contar cun dispositivo útil no que «o seu uso coma teléfono sería secundario».
Curiosamente Torvalds tivo nos últimos anos varios terminais que funcionaban
con Linux, coma o primeiro móbil promovido por Google (o G1), pero neste último
caso rematou utilizándoo só para xogar en longas viaxes, polo que resulta difícil
de entender o cambio de percepción sobre os móbiles que operan con Android,
pois estariamos ante unha simple actualización. Dentro de poucas semanas
deberiamos comezar a ver o Nexus One en Europa subvencionado por algunha
operadora de telecomunicacións, de xeito que comezaremos a ver outras reaccións
ao terminal, para ver se realmente pode conseguir unha posición de peso no
mercado ou pasar sen pena nin gloria.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














