Michael Arrington confirma a morte do CrunchPad

luns, 30 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Dende TechCrunch levan preto de ano e medio traballando no que pretendía ser o CrunchPad, un Tablet táctil que buscaba revolucionar o mercado cun produto versátil que permitise unha experiencia de uso semellante á do iPhone, pero cun tamaño significativamente maior, pois falábase dunha pantalla de 12 polgadas, contando tamén con conectividade Wi-Fi e 3G, estando fixada a súa data de lanzamento neste mesmo outono a un prezo duns 399 dólares.
Agora, Michael Arrington, máximo responsable de TechCrunch, tivo que saír á palestra para informar de cal era o estado actual do proxecto que desenvolvían en colaboración con outra empresa (Fusion Garage), que segundo parece, a 3 días da data de entrega do produto, puxéronse en contacto con Arlington para comunicarlle unha demora, así coma o feito de que lanzarían directamente o CrunchPad, sen contar con TechCrunch, o que claramente non é posible, dado que ambas compañías estiveron involucradas no proxecto e teñen dereitos sobre o produto resultante.
Temos así que un desacordo entre as partes (e non problemas de viabilidade económica coma rumoreouse nas últimas semanas) é o que enterra un interesante proxecto que podería adiantarse á propia Apple cun trebello que permitise algo tan sinxelo coma poder gozar da web dende a comodidade dun sofá.