Movistar non empeorará as condicións da Tarifa Plana iPhone

martes, 22 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios do iPhone recibiron unha mensaxe informando dun cambio de tarifa e a súa rectificación</A>

Nos últimos días os usuarios do iPhone 3G e 3GS en España manifestaron o seu malestar na Rede despois de que Movistar remitíselles unha mensaxe de texto anunciando cambios nas condicións na tarifa básica do seu terminal (que pagan 15 euros/mes pola conexión de datos), que superada unha franquía mensual de 200 Mb de transferencia reduciría a velocidade de descarga a 64 Kbps en vez dos 128 Kbps actuais e a se subida quedaría en 16 Kbps, o que suporía un importante agravio para os usuarios do iPhone, posto que a súa conexión tería unhas prestacións inferiores e un prezo superior á do resto de smartphones que hai no mercado.
As críticas a esta SMS non se fixeron esperar, e Movistar tivo que empregar Twitter para calmar os ánimos dun xeito que poderiamos considerar lamentable, pois en vez de recoñecer o acontecido coma unha mala decisión que rectificarían,
aseguraron que a SMS era un erro, e que estaban a investigar a fonte da mensaxe, información que non ten ningunha credibilidade porque as polémicas tarifas rectificadas non apareceron só na polémica SMS, senón que tamén figuraban na web da compañía dende o pasado 1 de xuño e eran confirmadas polos servizo de atención ao cliente.
Parece evidente que nun momento no que Movistar non terá en exclusiva a distribución en España do iPhone 4 era unha mala idea empeorar as condicións de contratación do iPhone, pois podería provocar unha fuga masiva de clientes (que poderían evitar tamén as penalizacións por non respectar o compromiso de permanencia pola modificación unilateral das condicións de contratación). Que Movistar recúe parece así todo un acerto, aínda que o xeito de facelo chegase a ofender a algúns usuarios que sentíronse enganados pola compañía.